FBReader Sobre FBReaderJ gl <p>Sobre FBReaderJ &FBReaderVersion;</p>

FBReaderJ é un lector de eBook para a plataforma Android. E é un clon dolector de libros FBReader escrito en Java polos mesmo autores. FBReaderJ admite diversos formatos de eBook: oeb, epub, fb2. En futuras versións esta lista vaise a incrementar para admitir os mesmos formatos que o FBReader orixinal. Tamén acepta a lectura directa de arquivos zip, tar e gzip.

Pode configurar o FBRderJ para ler os libros ao seu gusto. Cores, tipos de letra, atallos de teclado e moitas outras propiedades poden seren cambiadas no diálogo de Preferencias.

FBReaderJ distribúese baixo os termos da licenza GNU GPL.

Comezando

Hai dúas formas de engadir un libro á biblioteca de FBReaderJ.

A primeira é que copie o ficheiro do libro no seu dispositivo dentro do cartafol /sdcard/Books (ou nun subcartafol). FBReader engadirá este libro automaticamente.

A segunda forma é premer nunha ligazón de datos (é dicir, unha ligazóna a un arquivo con extensión .epub, .oeb, .fb2 ou .fb2.zip) no navegador estándar de Android. Descargase un libro no dispositivo e ábrese en FBReaderJ. Se vostede preme máis veces na mesma ligazón, non se volverá a descargar o mesmo libro, empregaranse as copias locais para seren lidas.

Información complementaria

Pode atopar máis información sobre este programa na páxina web de FBReader.

Se desexa recibir información de novas versións, subscríbase ao proxecto FBReader en «freshmeat».